Chámanos ao 900 902 788 e aclararémosche as túas dúbidas
Moitos nos preguntades que é máis conveniente: a tarifa indexada ou a tarifa fixa. Vexamos, na tarifa indexada o prezo da electricidade é variable e depende dos prezos aos que se negociou a enerxía no mercado eléctrico. Por iso, as marxes de comercialización nesta tarifa son moi pequenas, polo que o cliente pódese beneficiar dunha tarifa na que paga a electricidade ao seu prezo real de mercado. Por outra banda, a tarifa fixa ofréceche a seguridade de que o prezo da enerxía da túa factura da luz manterase constante durante todo o ano de vixencia do contrato.
En conclusión, que tarifa é máis conveniente? Pois a nosa opinión é que depende de cada cliente, se ti estás sempre pendente da evolución dos prezos do mercado, sabes cando é un bo momento para contratar e estás pendente de cando acaba a túa permanencia do contrato da luz, a túa mellor opción é a tarifa fixa. Sen embargo, no caso de que non queiras preocuparte do teu contrato da luz e ter a tranquilidade de saber que sempre vas ter un bo prezo pola enerxía que consomes e sen permanencia, entón a túa tarifa ideal é a tarifa indexada.
Non, non ten ningún custo. O custo de cambio de comercializadora a CYE Energía é de cero euros. Aínda máis, seguramente co cambio a CYE Energía terás un aforro na túa factura da luz grazas ás nosas tarifas sen sobrecustos ou servizos engadidos.
Como en CYE Energía confiamos no noso servizo, todos os nosos contratos de tarifa indexada ofrecémolos sen ningún compromiso de permanencia. Sen embargo, nos contratos de tarifa fixa, ao garantir o prezo da enerxía por toda a vixencia do contrato, temos o mesmo compromiso de permanencia co cliente durante un ano.
Si, poderás volver a contratar coa compañía na que estabas anteriormente ou con calquera outra compañía no momento que queiras. Se ademais estás con nós na modalidade de tarifa indexada, o cambio de comercializadora realizarase sen ningún custo por permanencia.
A empresa encargada da lectura dos contadores é a empresa distribuidora. Polo tanto, a lectura do contador continuará facéndoa a empresa distribuidora da zona na que se atope a subministración, indistintamente da empresa comercializadora coa que se contrate a subministración eléctrica.
Non, unha vez que teñas a alta en CYE Energía, non terás que seguir pagando nada á túa anterior compañía. Unicamente terás que pagar á anterior comercializadora unha última factura polos días que transcorreran dende a data da última factura da luz ata a data na que che confirmemos que se efectuou o cambio de comercializadora.
Se tes un punto de subministración sen consumo, na factura terás que pagar unicamente o prezo do termo de potencia pola potencia que teñas contratada e o alugueiro do contador no caso de que sexa propiedade da empresa distribuidora.
En CYE Energía non cobramos servizos adicionais na nosa factura da luz. Polo tanto, na factura de CYE Energía só pagarás custos regulados, e estes son:
Non, se contratas con CYE Energía non pagarás máis por ser a enerxía que ofrecemos de orixe renovable. O prezo que pagarás na túa factura será o prezo establecido na tarifa que contrates, nin un euro máis. Así, grazas a que en CYE Energía ademais da actividade de comercialización ofrecemos tamén a representación ante o mercado eléctrico de produtores en Réxime Especial, podemos garantir que o 100% da enerxía que subministramos aos nosos clientes é de orixe renovable.
Para poder contratar con nós, unicamente necesitaremos coñecer os datos do teu punto de subministración (que aparecen en calquera factura da luz da túa compañía anterior) e que elixas a tarifa que mais che conveña. Para iso, asesorarémoste e aconsellarémoste entre as tarifas que ofrecemos e proporémosche a que mellor se axuste aos teus hábitos de consumo.
Chámanos ao 900 902 788 e aclararémosche as túas dúbidas